- Nacional
- Andalucía
- Aragón
- Baleares
- Canarias
- Cantabria
- Castilla La Mancha
- Castilla y León
- Cataluña
- Ceuta
- Comunidad de Madrid
- Comunidad Valenciana
- Extremadura
- Galicia
- La Rioja
- Melilla
- Navarra
- País Vasco
- Principado de Asturias
- Región de Murcia
CSIF-Ensino -xunto a CIG e STEG- instamos á Consellaría a tomar nota do seguimento masivo da folga do profesorado que tivo lugar onte martes 24 e demandamos unha negociación que dea cumprida resposta ás demandas que desde hai anos relamamos e que non se viron reflectidas no "acordo de renuncias" asinado entre o goberno galego e os sindicatos CCOO. UGT e ANPE.
Esiximos que se supere un acordo no que se renunciou á recuperación dos nosos horarios e no que é preciso introducir melloras en prazos aceptables e sen dividir o profesorado, unhas melloras que as tres forzas sindicais concretamos deste xeito:
- Recuperación dos horarios de 18 e 21 horas nun máximo de 2 cursos.
- Redución das ratios en todas as ensinanzas, comezando no 2024/25 e con aplicación como máximo no remate de cada etapa.
- Aplicación de medidas inmediatas (curso 2024/25) para a redución da burocracia: aumento das horas de liberación para cargos
directivos, de coordinación e Atoría e aumento de persoal administrativo.
- Reparto lineal da masa salarial compromeAda pola Consellaría entre todo o profesorado.
A Consellaría ten agora a palabra: ou rectifica e abre negociacións para superar o acordo das renuncias ou estará dicíndolle ao profesorado que desatende por completo as súas demandas e que só resta a vía damobilización para recuperarmos os nosos dereitos.