CSIF Ensino renova representantes nas eleccións sindicais e sube en votos en tres das catro provincias galegas

2 de diciembre de 2022

-CSIF Ensino repite número de delegados en Lugo (4) e Ourense (3) e consigue dous representantes por Pontevedra, onde quedara fora nos anteriores comicios
-A Central Sindical non acada representación en A Coruña onde, non obstante, suma 100 votos máis que hai catro anos

CSIF Ensino obtén 9 representantes nas eleccións sindicais celebradas onte, dous deles pola provincia de Pontevedra, onde nestes momentos non contaba con ningún delegado, 4 pola provincia de Lugo, 3 pola de Ourense -provincias onde mantén resultados respecto das eleccións pasadas- e ningún pola de A Coruña, onde, non obstante, obtén 100 votos máis que hai catro anos.

 

Cunha participación de entorno ao 70%, estes datos, malia que no cómputo total de delegados supoñen a perda dun delegado, confirman o peso de CSIF no sector do ensino, que é a terceira forza en dúas provincia.

 

José Carlos Fernández Balado, portavoz autonómico de CSIF Ensino, fai, con todo, autocrítica e comprométese a facer unha análise pormenorizada dos resultados para ver como reorientar a súa acción sindical co obxecto de ser máis efectiva á hora de chegar ás demandas e necesidades dos/das docentes galegos.

 

CSIF Ensino quere dar as gracias a todos os/as que depositaron a súa confianza “no noso sindicato e no proxecto de modelo educativo que recolle o noso programa, un modelo de ensino público, e só público”.

 

Asemade, a Central Sindical quer salientar o nivel de participación, que confirma, máis unha vez, que o profesorado é un sector altamente implicado na defensa dos seus dereitos, consciente de que só traballar en condicións dignas pode garantir unha educación de calidade.

 

“Orgullosos de ser docentes, así presentámonos a estas eleccións e con este mesmo obxectivo seguiremos traballando ao longo destes próximos catro anos, con humildade e co desexo de gañarnos a confianza de máis xente en defensa do dereito básico a un ensino público e de calidade”.

 

Dende o Central sindical,lembran que estes anos foron tempos especialmente complicados debido á COVID e, agora, como consecuencia da crise, de aí que agradezan especialmente o esforzo feito por todos e todas as que confiaron no CSIF, como exemplo de sindicato con forza e capacidade de presión como a que demostrou CSIF obrigando ao goberno a sentarse a negociar a suba de salarios, malia que o acordo finalmente acadado -ao que nos opuxemos- non fora o agardado”.

 

“CSIF sempre actuou e seguiremos actuando desde a independencia, a profesionalidade, a firmeza e a honestidade nas nosas actuacións, tanto no ámbito da negociación como no da protesta. Esta mostra de confianza que temos recibido hoxe é o mellor estímulo para seguir traballando coa mesma determinación nos anos vindeiros, co obxectivo posto sempre en ir medrando e mellorando no servizo a todo o profesorado”.

COMPARTIR