1D-Voto en Branco VS Voto Nulo
-O voto en branco é un voto válido, entra no reconto e, debido á lei electoral, prexudica a diversidade sindical
-A lei electoral establece que canto máis votos se reconten, maior é o número de votos esixidos para entrar no reparto e obter participación
29 de Noviembre de 2022
Para todos e todas aqueles que tedes dúbidas sobre o Voto en branco, o Voto nulo e a abstención, botádelle un ollo a este pequeno vídeo informativo.
Lembrade que:
Voto en Branco é voto válido = entra no reconto = Prexudica a diversidade sindical ao impedir -dada a lei electoral vixente- que os sindicatos minoritarios entren no reconto.
Voto Nulo é voto inválido = non entra no reconto
Abstención é voto non emitido = non entra no reconto