1D- ORGULLOSOS DE SER DOCENTES, O PRÓXIMO XOVES 1 VOTA CSIF ENSINO

28 de noviembre de 2022

-Gustarianos contar coa vosa confianza o próximo xoves, convencidos de que cantas máis voces sumemos á defensa da nosa comunidade educativa, mellor poderemos defender os teus intereses.
-Con humildade, pero coa absoluta convicción de que non te imos defraudar.
-Le a carta íntegra do voceiro autonómico de CSIF Ensino, José Carlos Fernández Balado

O próximo día 1 serás ti, co teu voto, quen decida qué modelo de ensino queres. Votar é un dereito irrenunciable, pero este ano, se cabe, a participación de todos e todas cobra especial relevancia debido aos tempos duros que padeceu a comunidade educativa coa pandemia e que segue sufriendo cos recortes, a diminución nas condicións laborais, a perda de poder adquisitivo e orzamentos insuficientes.

Dende CSIF Ensino, estamos orgullosos/as de ter contribuído durante esta etapa a dignificar o labor docente, fundamental nestes novos tempos. Gustarianos contar coa vosa confianza o próximo xoves, convencidos de que cantas máis voces sumemos á defensa da nosa comunidade educativa, mellor poderemos defender os teus intereses.

O teu voto ten a última palabra. Con humildade, pero coa absoluta convicción de que non te imos defraudar, asegurámosche que apostar por CSIF: 

É apostar por un ensino público, e só público. Os feitos son claros, a educación privada concertada non padeceu os mesmos recortes que a Pública nin de lonxe. Esiximos a retirada dos concertos educativos, eliminándoos progresivamente de igual xeito que se concertaron en épocas de bonanza.

É apostar por un acordo salarial digno que permita a recuperación do poder adquisitivo perdido nos últimos anos e que está mol lonxe do pactado por CCOO e UGT co goberno, que inclúe unha suba total do 6% para o conxunto de 2022, 2023 e 2024, máis un 1,5 por cento adicional vencellado á evolución do PIB e do IPC. Unha suba que, por tanto, a tres anos non vai acabar nin tan siquiera o previsible incremento dos prezos de 2022.

É apostar por ampliar cadros docentes, reducir ratios e eliminar o exceso de burocracia ao que está sendo sometido o profesorado, e que redunda negativamente na calidade do ensino.

É apostar polo mantemento de MUFACE e tamén por uns protocolos e plans contra a violencia e a saúde.

É apostar por un ensino con equilibrio entre o rural e urbano, respecto pola diversidade e a inclusión, garante da igualdade entre nenos e nenas, con tolerancia cero contra a violencia machista e especial cuidado tamén con outras formas de violencia como o ciberacoso.

É apostar polo Estatuto docente como instrumento fundamental para regular e garantir as condicións laborais do único grupo de trabalhadores que non contan con Estatuto propio.

Votar o próximo xoves día 1 por CSIF Ensino é, en definitiva, apostar por ampliar a pluralidade de voces que miren por ti, convencidos de que, a maior diversidade sindical maior lexitimidade e máis forza á hora de reivindicar as demandas e necesidades de todos e todas os que cremos no modelo de ensino público.

Orgullosos de ser docentes. Vota CSIF. 
O teu voto ten a última palabra.

José Carlos Fernández Balado / Responsable autonómico de CSIF Ensino

 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR