CSIF Ensino reclama a dignificación do labor docente

25 de noviembre de 2022

CSIF Ensino puxo en marcha a campaña “Orgullosos de ser docentes”, conscientes de que a boa saúde do noso sistema educativo pasa, en boa medida, por dignificar o labor que desenvolve o noso profesorado. Dende CSIF, saímos á rúa para berrar alto e claro: “Así non podemos continuar”, un xeito de sensibilizar á sociedade sobre os problemas da educación, dicirlle que non se pode descargar toda a responsabilidade nos/nas docentes nin confundir o seu traballo educador, pedagóxico co de “coidador”.

A pandemia foi unha boa proba da profesionalidade e sobreesforzo que realizan os nosos ensinantes, e que, sen embargo, non se ve correspondido nin na consideración social nin nas condicións laborais e salariais nas que traballa.

Á inestabilidade lexislativa, escasez de recursos e orzamentos insuficientes, se lle suman unha burocracia cada vez maior, uns salarios que merman malia a carestía da vida e ratios por aula inasumibles. Unha suma de factores que, ao final, tamén pasan factura de xeito literal á saúde dos nosos profesores/as. Velaí algunhas das medidas que propoñemos para tratar de “sanar” aos nosos docentes e, por ende, ao noso sistema educativo.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR