- Nacional
- Andalucía
- Aragón
- Baleares
- Canarias
- Cantabria
- Castilla La Mancha
- Castilla y León
- Cataluña
- Ceuta
- Comunidad de Madrid
- Comunidad Valenciana
- Extremadura
- Galicia
- La Rioja
- Melilla
- Navarra
- País Vasco
- Principado de Asturias
- Región de Murcia
CSIF somos o único sindicato profesional presente en MUFACE. Grazas á nosa perseverancia e mobilización foi posible manter o mutualismo como acción protectora para o noso colectivo. Defendemos este modelo porque ao longo da súa historia foi exemplo de xestión eficiente e sostible, e gozou dun respaldo maioritario, así como dun alto nivel de satisfacción. Apoiamos a súa continuidade porque é un dereito adquirido tras anos de discriminación que, de desaparecer, significaría o colapso do Sistema Nacional de Saúde e o incremento de costes.
O mantemento deste modelo pasa, non obstante, por un incremento do orzamento que asegure a súa calidade asistencial. E nesta loita, dende CSIF reclamamos o incremento de dotación para evitar que se reproduza o deterioro nas prestacións que se constataron este ano debido ao infrafinanciamento dos concertos.
Neste sentido, cómpre destacar o estudo elaborado por CSIF, no que participaron máis de 5..000 enquisados, que evidencia os principais recortes e incidencias que están a padecer os usuarios. Salienta, pola súa gravidade, os casos de pacientes oncolóxicos que deixaron de ser tratados polos seus médicos habituais.
Entre as nosoas reivindicacións, o noso programa tamén recolle a incorporación voluntaria de todos os colectivos docentes (incluídos interinos) á Mutualidade.