Xuntanza da RPT de Promoción do Emprego e Igualdade
Creación de 130 postos de orientación laboral
22 de Septiembre de 2022

Achegamos un breve resume do máis salientable da reunión cos responsables da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para a negociación da súa Relación de Postos de Traballo.

En canto á nova documentación e/ou variacións na documentación facilitada para esta xuntanza con respecto á primeira reunión, dende CSIF consideramos que obedece a cambios puntuais derivados de erros ou partes incompletas na documentación, pero en ningún caso implican cambios substanciais no fondo da proposta desta RPT.

  1. En canto á creación dos postos de orientación laboral (que é o motivo fundamental da modificación puntual desta RPT):

Dende a Consellería informan que a creación destes 130 postos coas escalas específica de orientación laboral é o motivo polo que proceden á modificación puntual desta RPT e non abordan unha modificación completa, pois considerar prioritario a súa creación para a xestión dos fondos finalistas que proveñen do Estado para este cometido.

Dende CSIF non nos opoñemos en absoluto á creación destes postos, pero consideramos que a prioridade ten que ser que os actuais postos de traballo das oficinas de emprego que están realizando estas funcións sexan reconvertidos nestas escalas, sempre e cando conten coa vontade expresa da persoa que a ocupe, pois non ten sentido que existan traballadores que leven máis de 20 anos facendo tarefas de orientación e non teñan a opción de que se lle reclasifique o seu posto.

Os representantes da Consellería informan que este tema será abordado nunha nova reorganización da Consellería a través da modificación completa da RPT, pero que agora o que priorizan é a creación destas prazas para a xestión dos referidos fondos estatais.

Dende CSIF tamén matizamos que hai que ter en conta que estes postos son creados en RPT coa financiación de fondos finalistas do Estado, polo que si se deixan de percibir esa axuda por parte do Estado quedaría sen dotación e, en consecuencia, preguntamos polas consecuencias desta situación, pois ben carrexaría a amortización de novo destes postos creados ou doutros existentes na propia estrutura actual da RPT.

A Consellería e algunha outra organización sindical (UXT e CCOO) consideran que este non é un problema actual, que si se dá o caso xa se verá o que se fai. Dende CSIF non compartimos esta visión simplista e a curto prazo na xestión do persoal desta Consellería.