- Nacional
- Andalucía
- Aragón
- Baleares
- Canarias
- Cantabria
- Castilla La Mancha
- Castilla y León
- Cataluña
- Ceuta
- Comunidad de Madrid
- Comunidad Valenciana
- Extremadura
- Galicia
- La Rioja
- Melilla
- Navarra
- País Vasco
- Principado de Asturias
- Región de Murcia
CSIF remitiu escrito á Dirección Xeral de Xustiza ante as posibles situacións que se poden chegar a dar coa publicación do próximo concurso de traslados, en canto aos cesamentos do persoal interino que estean a ocupar unha praza que vaia ser cuberta polo titular en virtude do devandito concurso, así como remarcar a necesidade de que por parte da DXX se aplique a normativa sobre nomeamento e cesamento de interinos aprobada e publicada a día da data, sen interpretacións arbitrarias nin pseudoanaloxías que poidan dar lugar a irregularidades e, por tanto, a reclamacións e recursos que a ninguén beneficiarían.
Deste xeito, chegou ao noso coñecemento que no suposto de que aínda que nun determinado órgano xudicial haxa dúas prazas vacantes, o interino que ocupa unha delas, cesaría no seu posto no momento en que sexa cuberta polo titular. Esta solución vulneraría a propia normativa aprobada no seu día e publicada pola DXX e mesmo conculcaría o principio de actos propios da administración, debido a que noutras situacións idénticas sí que aplicaron dita normativa, permitindo que o interino proseguise no seu posto ao existir outra praza non ocupada e, ademais, ao non estar dotados os órganos xudiciais de RPTs que vinculen a cada traballador/a cun posto concreto, aínda que internamente parece que se lle asigna un código a ese posto para identificalo concretamente, sería totalmente inadmisible xurídicamente.
Noutro caso e se se vise a necesidade de modificar dita normativa, pasaría sempre por unha negociación previa e preceptiva cos representantes dos traballadores, a fin de non vulnerar dereitos e dar cumprimento ao ordenado na LOLS.
O artigo 21 da Orde de interinos do 4 de outubro de 2018 modificada pola Orde 30 de novembro de 2021 recolle claramente os supostos de cesamentos do persoal interino e carece totalmente de argumento xurídico admisible que, por parte das Delegacións Territoriais co beneplácito da DXX, se aplique unha normativa totalmente diferente.