CADP. MODIFICACIÓNS RESTRICIÓN DE PROVINCIA E CONCELLOS PARA SUBSTITUCIÓNS NO VINDEIRO CURSO E OUTROS

  • Otros artículos

14 de junio de 2022

Restrición de provincia e concellos para substitucións: do 15 de xuño ao 15 de xullo

 

ORDE do 7 de xuño de 2022 pola que se modifica a Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (ED002B).

Un. Modifícase o artigo 24.1 que queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 24. Orde de adxudicación

1. A orde de adxudicación dos corpos será a seguinte:

– Inspectores de Educación.

– Mestres.

– Catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas.

– Catedráticos e profesores de artes plásticas e deseño.

– Mestres de taller de artes plásticas e deseño.

– Catedráticos de música e artes escénicas.

– Profesores de música e artes escénicas.

– Catedráticos e profesores de ensino secundario.

– Profesores técnicos de formación profesional».

Dous. Modifícase o artigo 33, que queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 33. Petición de prestar servizos nunha ou en varias provincias

O persoal docente interino e substituto para o caso de que non obteña praza na adxudicación poderá acollerse a prestar servizos como persoal docente interino ou substituto nunha ou en varias provincias, sen perda da orde da lista, a través da aplicación informática que xestiona a cobertura das substitucións, na páxina www.edu.xunta.gal/substitutos, no prazo do 15 de xuño ao 15 de xullo do ano correspondente, ambos incluídos. Será obrigatorio incluír provincia/s en que se imparta a especialidade correspondente. A solicitude terá efectos durante todo o curso académico. O que non efectúe opción enténdese que desexa prestar servizos en todas as provincias da Comunidade Autónoma».

Tres. Modifícase o artigo 34, que queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 34. Petición de prestar servizos en determinados concellos

O persoal docente a que fai referencia o punto décimo cuarto do Acordo do 20 de xuño de 1995 poderá optar durante os períodos máximo e mínimo previstos nel por realizar substitucións en concellos determinados. A opción deberá efectuarse na páxina www.edu.xunta.gal/substitutos e a solicitude xunto coa documentación xustificativa deberán presentarse empregando o modelo normalizado de solicitude xenérica PR004 dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica ou procedemento que para estes efectos sinale a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo comprendido entre os días 15 de xuño ao 15 de xullo do ano correspondente. Será obrigatorio incluír na petición concellos en que se impartan materias ou áreas ou módulos profesionais atribuídos á especialidade correspondente. Esta opción será por todo o curso académico».

Catro. Modifícase o segundo parágrafo do artigo 39.1, que queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 39. Solicitude de non participación ou renuncia á resolución provisional

(...) O prazo para que o persoal interino e substituto solicite a non participación na convocatoria é o comprendido entre o 15 e o 31 de maio. Xunto coa solicitude deberá achegarse a documentación xustificativa de que o persoal interino ou substituto se atopa nalgunha das situacións relacionadas no punto décimo cuarto do Acordo do 20 de xuño de 1995. A solicitude de non participación deberá cubrirse no enderezo: https://www.edu.xunta.gal/substitutos/ e presentarse xunto coa documentación xustificativa por medios electrónicos mediante o trámite activado para estes efectos no procedemento normalizado código ED002B».

Quinto. Modifícase a disposición adicional segunda, que queda redactada do seguinte xeito:

«Disposición adicional segunda. Corpo de inspectores de Educación

O persoal docente que supere o procedemento de acceso ao corpo de inspectores de Educación efectuará a solicitude de sector de inspección para realizar as prácticas conforme a resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se efectúa a convocatoria prevista no artigo 37 da presente orde, no prazo de dous días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación polo tribunal cualificador da relación de persoas aprobadas na páxina web http://www.edu.xunta.gal/oposicions. As sedes publícanse como anexo VIII á dita resolución».

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR