REUNIÓN DE CSIF ENSINO COAS CONSELLERÍAS DE EDUCACIÓN E SANIDADE POLAS MODIFICACIÓNS DA GUÍA DE ACTUACIÓN ANTE CASOS COVID-19 NOS CENTROS EDUCATIVOS

  • Otros artículos

10 de enero de 2022

REUNIÓN DE CSIF ENSINO COAS CONSELLERÍAS DE EDUCACIÓN E SANIDADE POLAS MODIFICACIÓNS DA GUÍA DE ACTUACIÓN ANTE CASOS COVID-19 NOS CENTROS EDUCATIVOS

LUNES 10 XANEIRO 2022 14:00 HORAS

Esta mañá CSIF ENSINO e outras OOSS mantiveron unha reunión  cos responsables das Consellerías de Educación e Sanidade para informar dos cambios na actuación ante casos de Covid-19 nos centros educativos neste momento da pandemia, tras recibir durante esta mañá o documento definitivo cos cambios remitido polo Ministerio de Educación e que se resumen nos seguintes puntos:

·         Todas as persoas que teñan síntomas deberán illarse e realizar probas  para confirmar o diagnóstico.

·         Corentenas de 7 días e 3 máis de vixilancia (estos tres días xa incorporados ó centro).

·         Tratamento dos contaxios:

Casos esporádicos (cando se trate de 4 ou menos casos por aula): 

-  Non farían corentena os menores de 12 anos.

-  Os maiores de 12 anos fan corentena se non están vacinados, se están inmunodeprimidos ou en entornos de vulnerabilidade coma os Centros de Educación Especial. 

 

Gromos (cando hai máis  de 5 casos nunha mesma aula): procederase como no resto de poboación, corentenas se non están vacinados, se están inmunodeprimidos ou en entornos de vulnerabilidade coma os Centros de Educación Especial.

 

 Formularios web para comunicar que se é positivo: PREMER AQUÍ  

Tras comunicar un positivo ao SERGAS no anterior enlace, para poder tramitar a substitución á maior brevidade, se aínda non se ten o parte de baixa, comunicaraselle á Conselleria mediante unha declaración responsable que estará dispoñible dende mañá no portal educativo (e tamén nesta mesma noticia cando a Conselleria o publique) e entregarase a través da aplicación DATOS PERSOAIS   como se fai cos partes de baixa. Esta declaración responsable non substitúe o parte de baixa, que será remitido igualmente á Conselleria cando se tramite.

LIGAZÓN DECLARACIÓN RESPONSABLE

- Problemas cos Test para fillos de mutualistas: ante os problemas para obter o test gratuito para menores con sanidade concertada a Consellería de Sanidade informa de que se está a tratar de articular un sistema polo que poida disponer destes test nas Mutualidades pero recomenda acudir ós puntos de realización dos test para toda a poboación.

 

CSIF ENSINO reclama:

-          Que se vacine a todos os docentes coa terceira dose de reforzo.

-          Que se substitúan a todos os docentes dende o primeiro día da súa falta ó centro con chamamentos diarios e non como se ven facendo ata agora.

-          Filtros purificadores de aire nas aulas.

-          Que a Consellería de Educación articule unha solución pola que se considere un deber inexcusable a garda e custodia dos fillos en illamento.

 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR