MUFACE. ABERTO O PRAZO PARA CAMBIO ORDINARIO DE ENTIDADE SANITARIA DOS MUTUALISTAS.

  • Otros artículos

3 de enero de 2022

Suprímese a permuta ordinaria de xuño.

O período de cambio ordinario de xuño xa non está contemplado no novo concerto 2022-2024

 

 

MUFACE. ABERTO O PRAZO PARA CAMBIO ORDINARIO DE ENTIDADE SANITARIA DOS FUNCIONARIOS MUTUALISTAS.

 

Durante todo o mes xaneiro de 2022, os mutualistasque así o desexen poden solicitar o cambio de entidade á que estean adscritos. 

Único período de cambio

Este novo Concerto, cuxa entrada en vigor tivo lugar o mesmo 1 de xaneiro de 2022, contempla como principal novidade neste aspecto a volta ao período único de cambio de entidade, quedando suprimida a permuta de xuño, tal como permitía o Concerto 2021-2022.

A posibilidade de cambio extraordinario polas causas  previstas no Concerto continuará nas mesmas condicións, coa mesma regulación, tal e como aparece na información da páxina web de MUFACE.

Como proceder para solicitar o cambio de entidade?

Por motivo das restricións de aforo nas oficinas de MUFACE, a solicitude de cambio de entidade, deberá realizarse ben pola sede electrónica con Cl@ve, certificado electrónico ou DNI electrónico, ou descargando a solicitude (solicitude en PDF) e enviándoa por correo postal á oficina que lle corresponda. Se non puidese presentala por ningunha destas vías, sería necesario pedir cita previa.

En caso de ter que realizar algunha consulta, poderase facer por teléfono ou correo electrónico ao Servizo Provincial correspondente: Buscador de oficinas de MUFACE, ou utilizando o formulario telemático da Oficina de Información ao Mutualista ou desde a aplicación para dispositivos móbiles.

 

LIGAZÓN A MUFACE

COMPARTIR