Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de catedráticos e profesores de música e artes escénicas (593 e 594), e do corpo de profesores de artes plásticas e deseño(595)

  • Convocatorias

5 de octubre de 2023

Publicada a resolución do 5 de outubro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593), do corpo de profesores de música e artes escénicas (594) e do corpo de profesores de artes plásticas e deseño (595) (código de procedemento ED003A).

ESPECIALIDADES CONVOCADAS

  • Corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593)

593001 Acordeón
593003 Arpa
593009 Clave
593057 Pedagoxía
593072 Trombón
593074 Trompa
593075 Trompeta
593090 Gaita
593092 Instrumentos de corda pulsada do Renacemento e Barroco93095 Instrumentos históricos de corda fretada
593100 Tecnoloxía Musical
593102 Viola da gamba
593115 Produción e Xestión de Música e

  • Corpo de profesores de música e artes escénicas (594)

594401 Acordeón
594405 Clave
594417 Instrumentos de corda pulsada
do renacemento e do barroco
594130 Teoría das artes do espectáculo
594420 Órgano
594460 Linguaxe musical

  • Corpo de profesores de artes plásticas e deseño (595)

595502 Conservación e restauración de materiais arqueolóxicos
595504 Conservación e restauración de obras pictóricas

 

 

.- Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ venres día 6 de outubro ata o día martes 17 de outubro de 2023, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ venres día 6 de outubro de 2023.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR