Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades dos corpos de profesores de ensino secundario (590) e profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598)

  • Convocatorias

5 de octubre de 2023

Publicación da resolución do 5 de outubro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (código de procedemento ED003A).

  • ESPECIALIDADES CONVOCADAS  CORPO PES

590107 Informática
590103 Asesoría e procesos de imaxe persoal
590111 Organización e proc. de mantemento de vehículos
590112 Organización e proxectos de fabricación mecánica
590113 Organización e proxectos sistemas enerxéticos
590115 Procesos de produción agraria
590116 Procesos na industria alimentaria
590117 Procesos diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicos
590118 Procesos sanitarios
590119 Procesos e medios de comunicación
590120 Procesos e produtos de téxtil, confección e pel
590219 Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico
590220 Procedementos sanitarios e asistenciais
590227 Sistemas e aplicacións informáticas
590229 Técnicas e procedementos de imaxe e son

  • ESPECIALIDADES CONVOCADAS CORPO PROFESORES SECTORES SINGULARES

598003 Fabricación e instalación de carpintaría e moble
598004 Mantemento de vehículos
598005 Mecanizado e mantemento de máquinas

 

.- Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ venres día 6 de outubro ata o día martes 17 de outubro de 2023, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ venres día 6 de outubro de 2023.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR