Campaña da vixilancia da saúde 2023/24

  • Convocatorias

23 de septiembre de 2023

Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se autoriza a difusión da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal traballador, docente e non docente, que presta servizos en centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

 A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas conforme as instrucións deste procedemento publicadas na páxina web oficial da Consellería e enviadas aos distintos centros de traballo. As persoas responsables dos distintos centros de traballo facilitarán a axuda e a información necesaria para a inscrición do seu persoal traballador.


A dita inscrición realizarase de forma telemática no formulario de solicitude de recoñecemento médico que está dispoñible na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no seguinte enlace:
https://revisionmedicaeducacion.xunta.gal

 

Prazos de inscrición en función do colectivo de persoas traballadoras afectadas:


A) Prazo de inscrición para o persoal nomeado con anterioridade ao 27/09/2023: A inscrición deberá realizarse dende o 27 de setembro ao 16 de outubro de 2023.


B) Prazo de inscrición para o persoal nomeado con data igual ou posterior ao27/09/2023: A inscrición deberá realizarse no prazo que abrangue do día 1 ao 20 do mes seguinte a súa toma de posesión.


C) Prazo de inscrición para o persoal substituto: A inscrición deberá realizarse no prazo que abrangue do día 1 ao 20 do mes seguinte a aquel no que se cumpran os 65 días traballados de forma ininterrompida, contados dende o 01/09/2023, ou dende o día seguinte ao nomeamento se fora posterior a esa data.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR