Resolución de continuidade dos centros da Rede Galega de Educación Dixital (DixitalGal) para o curso 2023-2024
- Convocatorias
20 de septiembre de 2023
Resolución de continuidade dos centros que constitúen a Rede Galega de Educación Dixital (DixitalGal) para o curso 2023-2024.

Esta resolución ten como obxecto dar continuidade á Rede Galega de Educación Dixital (DixitalGal) e estender as actuacións das persoas mentoras ADIX nomeadas para o curso 2023-2024.
Ademais, establecer a correspondencia entre as persoas mentoras ADIX e o equipo de responsables #CompDigEdu de referencia para un determinado territorio ao que se refire o apartado noveno da Resolución do 10 de setembro de 2021, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se publica o Acordo da Conferencia Sectorial de Educación do 21 de xullo de 2021.
A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, poderá estender as actuacións dos ADIX ao curso 2024-2025