Resolución definitiva de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek
- Convocatorias
15 de septiembre de 2023
Resolución definitiva de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2023/24.

Unha vez transcorrido o prazo de reclamacións ou renuncias e segundo os termos do establecido no apartado décimo segundo da Resolución do 22 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula a convocatoria
e selección de centros públicos para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2023/24, faise pública a resolución definitiva dos centros docentes participantes.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou ben directamente o recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.