Calendario escolar
- Otros artículos
22 de mayo de 2023
Orde de calendario escolar 2025/26
Calendario das actividades lectivas
As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, primeiros cursos dos ciclos formativos de grao básico, grao medio e grao superior de formación profesional e nas ensinanzas de réxime especial realizaranse desde o día 8 de setembro de 2025 ata o 19 de xuño de 2026, ambos incluídos.
Nos segundos cursos dos ciclos formativos de grao básico, grao medio e grao superior de formación profesional, as actividades lectivas realizaranse desde o día 8 de setembro de 2025 ata o 15 de xuño de 2026, ambos incluídos.
No segundo curso de bacharelato a impartición efectiva das clases rematará de acordo coas datas previstas da Proba de Acceso á Universidade (PAU).
No caso das ensinanzas de réxime especial, poderá flexibilizarse o inicio das actividades lectivas tendo en conta as características e particularidades deste tipo de ensinanzas. En todo caso, as actividades lectivas deberán ter comezado como moi tarde o 15 de setembro de 2025.
Vacacións escolares curso 2025/26
Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2025/26 serán os seguintes:
- Desde o día 22 de decembro de 2025 ata o día 7 de xaneiro de 2026, ambos incluídos.
- Os días 16, 17 e 18 de febreiro de 2026.
- Desde o día 30 de marzo ata o día 6 de abril de 2026, ambos incluídos.
Días non lectivos
Ademais das festas laborais de ámbito estatal, autonómico e local, recóllense os seguintes días non lectivos comúns:
- O Día do Ensino, que terá a consideración de día non lectivo, celebrarase o 31 de outubro de 2025.
- Tamén terá a consideración de día non lectivo o 3 de novembro de 2025.
Información recollida por CSIF Ensino Galicia a partir da Orde do 8 de maio de 2025 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2025/26.
