CONCURSO OPOSICIÓN GALICIA 2023. PROCEDIMENTOS SELECTIVOS

  • Empleo
  • Oposiciones
  • Otros artículos

22 de diciembre de 2022

-Profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres.

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se anuncia a convocatoria da Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres (código de procedemento ED001A).

1.A publicación no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, http://edu.xunta.gal/oposicions, da Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño (código de procedemento ED001A).

2. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 10 de xaneiro de 2023 ata o 30 de xaneiro de 2023, ambos incluídos.

3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

As solicitudes tamén se poderán cubrir na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos https://www.edu.xunta.gal/oposicions e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

CONVOCATORIA OPOSICIÓNS DOG

 

É importante salientar que a participación neste proceso extraordinário de xuño de 2023, non dará dereito a ser incluído nas listaxes de substitución.

Podes consultar o titorial de CSIF INFORMA OPOSICIÓNS  para facer a inscrición en anexo

SOBRE A OBRIGATORIEDADE DE PRESENTARSE ÁS OPOSICIÓNS DOCENTES

É OBRIGATORIO PRESENTARSE ÁS OPOSICIÓNS DOCENTES QUE SE DESENVOLVERÁN ESTE ANO?
NON, segundo a modificación do Acordo de 20 de xuño de 1995 recollida na Resolución de 20 de decembro de 2022, o procedemento selectivo convocado por Orde do 5 de decembro de 2022 é un procedemento excepcional. Da modificación do Acordo non se desprende a obrigatoriedade de presentación a dito proceso, sendo a oferta de prazas moi reducida.
O persoal participante non accederá ás listas de interinidades e substitucións; en caso de precisar persoal interino e/ou substituto nalgunhas especialidades, abriríanse listas extraordinarias.
Non obstante, dende o sector de CSIF ensino, recomendamos ao persoal interino que participe neste proceso, tendo en conta o disposto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
Recordamos que o prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de xaneiro de 2023, e que as mesmas deberán presentarse de xeito telemático.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR