CADP. ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DE SECUNDARIA

  • Otros artículos

30 de julio de 2021

De acordo co establecido no punto sétimo da Resolución do 16 de xuño de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia nº 121, do 28 de xuño), publícase a resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal docente dos corpos de secundaria para o curso académico 2021/22.

O prazo para formular reclamacións ou renuncias é o comprendido entre o día 2 de agosto ata o 2 de setembro de 2021, ambos incluídos.

  • As reclamacións formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código do procedemento ED 002B/2021). De formular a reclamación de xeito presencial, a persoa que a realice presencialmente será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da reclamación aquela en que foi realizada a emenda.

  • As renuncias á resolución provisional do concurso realizaranse a través de http://edu.xunta.es/cadp e non resultará necesaria a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Cando se renuncie a todas as listas será necesario, ademais, remitir a documentación xustificativa escaneada ao seguinte enderezo electrónico: persoal.secundaria@edu.xunta.gal."

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR