CADP 2021. Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais 2021/22

  • Otros artículos

28 de junio de 2021

 
CADP 2021
Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais 2021/22

 

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2021/22 entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, o persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, o persoal interino e substituto e o persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (código de procedemento ED002B).

 

O Prazo para formular a solicitude, que se presentará do xeito que se establece no artigo 14 da Orde do 7 de xuño de 2018, pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente, será de 15 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos https://www.edu.xunta.es/cadp e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, segundo o artigo 14 da Orde do 7 de xuño de 2018.

 

 PRAZO: 15 DÍAS HÁBILES 

LIGAZÓN PARA A PARTICIPACIÓN

 

Aquelas persoas que estando obrigadas non presenten unha solicitude, entenderase que se acollen á validez da formulada para o curso académico 2018/19, 2019/20 ou 2020/21, de conformidade co establecido no artigo 21 da citada Orde do 7 de xuño de 2018.

As relacións provisionais de persoal que ten a obriga de participar na adxudicación de destinos, por lista única, cando proceda, e por especialidades e orde de prioridade publicaranse no portal da internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade http://www.edu.xunta.gal/ o 7 de xullo de 2021. Publicadas as relacións provisionais de persoal que ten a obriga de participar, abrirase un prazo de cinco días hábiles para presentar reclamacións.

 

 

DATAS IMPORTANTES

 

Solicitudes do CADP: do 29 de xuño até o 19 de xullo.

Relación provisional do persoal obrigado a participar: 7 de xullo. Reclamacións: 5 días hábiles.

Relación definitiva do persoal obrigado a participar: 23 de xullo.

Lista provisional do persoal excluído da participación: 7 de xullo. Reclamacións: 5 días hábiles.

Lista definitiva do persoal excluído da participación: 23 de xullo.

 

 

DATAS DE RESOLUCIÓN DO CADP

 

CADP MESTRES:

Resolución Provisional CADP de Mestres: 27 de Xullo ( 2 días hábiles para reclamacións)

Resolución Definitiva para  de Mestres: 2 de Agosto

 

CADP SECUNDARIA:

Resolución Provisional  CADP de Secundaria: 30 de Xullo (  reclamacións ata o 2 de setembro)

 Resolución Definitiva CADP de Secundaria: 9 de Setembro     

 

LIGAZÓN A ORDE NO DOG

 

PODES CONSULTAR O CSIF INFORMA CADP  EN ANEXO

ARCHIVOS ADJUNTOS

GALERÍA

COMPARTIR