CXT. Resolución definitiva do concurso de traslados do corpo de Mestres
21 de Mayo de 2021

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente do corpo de mestres, convocado pola Orde do 19 de outubro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 219, do 30 de outubro).

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que sexa competente, de acordo co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

De conformidade co establecido na base trixésimo cuarta da Orde do 19 de outubro de 2020 (DOG do 30 de outubro), a toma de posesión dos novos destinos adxudicados, que se realizará na xefatura territorial correspondente, terá efectividade administrativa do 1 de setembro de 2021, polo que o cesamento nos centros anteriores expedirase con efectividade do 31 de agosto de 2021.

LIGAZÓN AO DOG