- Nacional
- Andalucía
- Aragón
- Baleares
- Canarias
- Cantabria
- Castilla La Mancha
- Castilla y León
- Cataluña
- Ceuta
- Comunidad de Madrid
- Comunidad Valenciana
- Extremadura
- Galicia
- La Rioja
- Melilla
- Navarra
- País Vasco
- Principado de Asturias
- Región de Murcia
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Se eres unha das persoas aprobadas nas oposicións Csif Ensino axúdache cos procedimentos e prazos.
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Podes consultar anexo
LIGAZÓN Á PÁXINA DE OPOSICIÓNS DA CONSELLERÍA
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Resolución do 9 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as resolucións dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres, convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (Diario Oficial de Galicia n.º 20, do 31 de xaneiro), polas que se anuncian as datas, as horas e os lugares en que se fará a presentación das persoas aspirantes e a primeira proba.
OPOSICIÓNS 2022 - DATAS, HORAS, LUGARES DA PRESENTACIÓN E A PRIMEIRA PROBA OS PROCESOS SELECTIVOS
Podes consultar o documento en anexo
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
O prazo de interposición do recurso potestativo de reposición contra estas listas definitivas é dun (1) mes, contado dende o día seguinte ao desta publicación.
O dito recurso deberá formularse por medios electrónicos, utilizando o código de procedemento ED001A/2022, e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de acordo co establecido na base sexta da Orde do 28 de xaneiro de 2022.
O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o trámite de recurso de reposición asinado como o recibo de presentación deste.
No caso das persoas que non figuren na listas definitivas de persoas admitidas/excluídas o procedemento para interpoñer o dito recurso deberá realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica.
Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as listas provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (DOG n.º 20, do 31 de xaneiro), corrección de erros, DOG n.º 59, do 25 de marzo) (código de procedemento ED001A).
O prazo de reclamacións contra estas listas é de cinco (5) días hábiles e comeza o xoves día 31 de marzo de 2022 e remata o mércores día 6 de abril de 2022 (ambos os días incluídos)
As reclamacións deberán formularse por medios electrónicos e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de acordo co establecido na base sexta da Orde do 28 de xaneiro de 2022.
PODES CONSULTAR TODA A INFORMACIÓN NESTA LIGAZÓN DA NOSA WEB