Información sobre a vacinación do profesorado galego.

  • Otros artículos

23 de febrero de 2021

A Consellaría de Educación mantivo hoxe unha reunión con CSIF ENSINO e o resto das organizacións sindicais para facer aclaracións con relación á vacinación dos docentes fronte ao COVID-19, na que explicou que a citación de onte obedeceu a una proba pero que no días vindeiros se procederá a citar a maioría dos docentes cos criterios seguintes:

 

  1. Chamarase a menores de 55 anos para recibir a vacina de AstraZeneca. O resto do persoal docente maior de 55 anos será vacinado coas outras vacinas (Pfizer, Moderna) cando estas estean disponibles.

  2. .O profesorado recibirá un aviso vía SMS citando o lugar o día e a hora da vacinación.

  3. A vacinación será no hospital de referencia do centro de traballo do docente, non se terá en conta o domicilio.

  4. O chamamento será por orde alfabética.

  5. .A segunda dose da vacina, porase nun prazo de entre 10 e 12 semanas.

  6. A intención é que a finais de marzo estean vacinados a maioría dos docentes.

  7. Os docentes que non se queiran vacinar, deberán indicar por escrito que non o queren facer. A decisión non é irreversíbel e poderán vacinarse posteriormente.

  8. As persoas en situación de Incapacidade Temporal serán chamadas para recibir a vacina no momento que se incorporen ao posto de traballo.

  9. .Ás mulleres embarazadas recoméndaselles que consulten co seu médico de cabeceira ou especialista a conveniencia de vacinarse.

 

PODES CONSULTAR O PLAN GALEGO DE VACINACIÓN EN ANEXO

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR