APERTURA DE LISTAS EN GALICIA nos Corpos de profesores de ensino secundario e Corpo de profesores técnicos de formación profesional
FP

Mecanizado e mantemento de máquinas
Procesos de xestión administrativa
Sistemas e aplicacións informáticas


SECUNDARIA

Física e química
Música
Tecnoloxía
Lingua e literatura galega
Informática
17 de Noviembre de 2020

Resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de PES e de profesores técnicos de FP

SECUNDARIA

ESPECIALIDADE

Física e química

Música

Tecnoloxía

Lingua e literatura galega

Informática

FP

ESPECIALIDADE

Mecanizado e mantemento de máquinas

Procesos de xestión administrativa

Sistemas e aplicacións informáticas

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ mércores día 18 de novembro ata o día 24 de novembro de 2020, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ mércores día 18 de novembro.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

Por cada especialidade na que desexa inscribirse deberá formular unha solicitude, anexar a documentación e realizar un pagamento de taxas.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.

  • Resolución do 13 de outubro de habilitación do procedemento ED003A (enlace DOG https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201021/AnuncioG0598-151020-0003_gl.pdf)
  • Resolución do 17 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e de profesores técnicos de formación profesional (591) (código de procedemento ED003A).

TODA A INFORMACIÓN