CSIF ENSINO INFORMA SOBRE MESA SECTORIAL SOBRE COVI-19 E OPOSICIÓNS 2020

20 de marzo de 2020

CSIF traslada ao Ministerio a inquietude de docentes e alumnos pola evolución do curso ante o coronavirus 

 

- Dende hai unha semana reclamamos que os docentes non acudan aos centros e que se adapten os calendarios escolares.

 

O Ministerio informa que o proceso de oposicións deste ano continúa adiante.

 

 

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), sindicato máis representativo nas administracións públicas, trasladou hoxe ao Ministerio de Educación a inquietude e incerteza de docentes e alumnos/ as pola evolución do curso escolar tras a emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus. 

 

CSIF, durante a reunión telemática da Mesa Sectorial de Educación, reclamou que se reformulen as avaliacións, adaptando os calendarios e que mesmo se recorten os contidos nas probas de acceso á Universidade. Tamén demandamos que se decreten solucións a cuestións como as titulacións en FP por non poder realizar as prácticas en empresa. En definitiva, que o Ministerio lidere unha resposta coordinada a esta nova situación.

 

Dende o pasado 12 de marzo, vimos reclamando actuacións homoxéneas en toda España ante esta crise e que ningún docente siga acudindo ao seu centro -como está a suceder en distintas comunidades autónomas- porque a educación telemática está habilitada desde o seu domicilio. 

 

Ademais, fai falla que se poñan a disposición das comunidades autónomas os recursos necesarios para reforzar as plataformas en liña habilitadas para garantir a atención dos alumnos confinados nos seus domicilios e evitar o colapso dos programas. 

 

 

260.000 opositores afectados 

 

Na reunión, abordamos tamén o proceso de estabilización do emprego en Educación e propuxemos ao Ministerio que non se suspendan as oposicións a docentes deste ano, previstas para o próximo 20 de xuño. 

 

É necesario que se se tivese que fixar unha nova data, baseada en criterios de saúde pública, o Ministerio lidere e coordine unha posición para evitar diferenzas entre CCAA. O Ministerio asegurou que se celebrarán as oposicións este ano. 

 

Tamén manifestou que a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea avala o procedemento actual de concurso- oposición, 

 

A estas oposicións optarán uns 260.000 aspirantes de todo o país para un total de 27.789 prazas. 

 

Estabilizar emprego 

 

Por outra banda, o Ministerio de Educación comunicounos hoxe que para reducir a temporalidade a niveis do 8% - como recolle o acordo que asinamos co Goberno e que en Galicia debería chegar preto do 5% - habería que convocar 27.892 prazas de docentes, máis outras 36.000 prazas correspondentes a xubilacións, entre 2020-2022. 

 

Ademais, esixiuse a eliminación da taxa de reposición para poder recuperar o emprego perdido desde 2010 no sector docente, que segundo o noso último informe cifrabamos en máis de 26.000 docentes. 

 

 

COMPARTIR