Facenda mantén a supresión dos dereitos dos empregados públicos que impuxo no ano 2012

21 de octubre de 2022

-A Función Pública galega rexeita, unha vez máis, equiparar as condición laborais dos funcionarios de carreira ao resto de colectivos da Xunta.

Resumo da Mesa Xeral de Empregados Públicos: Leis de orzamentos do ano 2023 e de medidas administrativas, celebrada o día 17 de outubro de 2022.

Ausencia de documentación, nula vontade de diálogo e seguidismo do goberno de España, estes foron os piares desta negociación.

Punto I da orde do día: Lei Orzamentos. TÍTULO II. Gastos de persoal

Documentación insuficiente e pacto estatal de salarios

  • CSIF lamentou que a documentación remitida para preparar a Mesa fose incompleta, pois non incluía os datos orzamentarios expostos pola Directora Xeral na propia reunión e pediu que se lles traslade á maior brevidade.

CSIF aproveitou para lembrar o seu rexeitamento ao pacto acadado entre Goberno central e CCOO e UGT, por insuficiente e inadecuado, pois nin siquera cubre a inflación deste ano e ademais se retrasará ata marzo do ano que vén, quedándose desfasada.

Complemento específico diferencial

  • Esta Central Sindical tamén cuestionou o segundo parágrafo do artigo 21.1.d relativo ao complemento específico diferencial, pois, segundo o documento remitido por Función Pública, o seu cobro estará condicionado “á que se acredite con carácter mensual a realización das función ou tarefas concretas que motivaron os ditos acordos. De ser preciso, poderá establecerse un módulo para o cálculo do importe que efectivamente corresponde percibir do total mensual”. CSIF prantexou cal é o obxectivo desta redacción, se está a agochar un incumprimento claro de acordos xa suscritos cos sindicatos.

Función Pública rexeitou respostar e, tras ser repreguntado, explicou que sempre que un empregado público estea en activo e non cumpra as funcións establecidas deixará de percibir ese complemento.

Alegacións

  • Sobre as alegacións que CSIF remitirá por escrito teñen a ver, malia que cada ano son desestimadas, coa derogación da Lei 1/2012, a reposición do 100 % do fondo de acción social, dos días de libre disposición así como dos artigos do Convenio Colectivo que quedaron en suspenso (19, 29, 13.4.8 e 3.3.8 específico do servizo de incendios)

Punto II: Lei de Medidas

Funcionarios de carreira

  • CSIF reclamou que se implementen melloras para os funcionarios de carreira, que sen supoñer incremento de gasto xa están implantadas para outros colectivos da Xunta de Galicia ou para funcionarios de carreira doutras Comunidades Autónomas

Así, dende a CSIF instouse a Facenda para que na modificación da Lei do emprego público de Galicia que se vai a facer a través da Lei de medidas administrativas, se incorporasen as seguintes medidas en beneficio dos funcionarios de carreira da Administración Xeral da Xunta de Galicia:

1.- Promoción Interna polo sistema excepcional de concurso de méritos

Convocatoria de todas as prazas abertas a máis dun subgrupo profesional, mediante o sistema excepcional de concurso de méritos. É dicir, o mesmo sistema que o excepecionalmente establecido para que o persoal temporal adquira a condición de funcionario na Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade.

2.- Excedencia voluntaria por nomeamento provisional, que permita a un funcionario de carreira prestar servizos en calquera Administración pública, organismo, axencia ou entidade do sector público como persoal funcionario interino ou como persoal laboral con contrato temporal, pero mantendo a reserva do seu posto de orixe e sen ser declarado en excedencia voluntaria por interés particular. Isto, tal e como se contempla noutras administracións.

3.- Nomeamento provisional por mellora de emprego (ou promoción interna temporal), que permitiría ao funcionario de carreira ocupar postos de traballo nun subgrupo superior, ata a súa provisión definitiva polo procedemento de concurso de méritos. De igual xeito que se permite ao persoal laboral da Xunta, persoal estatutario do SERGAS e funcionarios da Administración de Xustiza

 O director de Función Pública rexeitou as propostas da CSIF co único razoamento de que “estas propostas xa foron rexeitadas en anos anteriores e en este tamén”.

 

COMPARTIR