Petición de escáner individual derivado da implantación de DICIREG en Lugo e Ourense e reiteración na Coruña.

  • Otros artículos
  • Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
  • Funcionario
  • Interino

7 de junio de 2023

Dende CSIF, coa implantación de DICIREG en Ourense no mes de xullo e en Lugo no mes de setembro, cremos necesario que se dote a cada funcionario/a de escáner individual, o que tamén pedimos para A Coruña xa en varias ocasións e aínda non vimos instalado polo que reiteramos esa solicitude.

Ademais, consideramos tamén útil que se provea dunha tarxeta gráfica para firma dixital con bolígrafo e cable usb (como nas entidades bancarias) para cada funcionario/a ou, en todo caso, un aparato para cada dous traballadores/as.

En consecuencia, presentamos escrito solicitando que se proceda nos termos antes expostos pois non serve de nada querer dixitalizar e modernizar a Administración de xustiza e non prover dos medios adecuados para iso.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR