DOG: Permisos retribuídos nas eleccións sindicais do día 20 de xuño.

  • Otros artículos
  • Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
  • Funcionario
  • Interino

7 de junio de 2023

Publicouse a Resolución do 30 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se establecen os permisos retribuídos de que poden gozar as persoas electoras a órganos de representación de persoal da Administración de xustiza en Galicia que exerzan o dereito de voto o vindeiro día 20 de xuño de 2023.

Primeiro. Para a elección de órganos de representación do persoal funcionario no ámbito da Administración de xustiza, as persoas electoras exercerán o seu dereito ao voto o vindeiro día 20 de xuño nas mesas electorais correspondentes ao seu ámbito funcional e territorial, e disporán dun permiso retribuído polo tempo indispensable para exercer tal dereito na forma que se establece a seguir, agás os que exerzan o dereito ao voto por correo.

Ao persoal funcionario que goce deste permiso poderalle ser exixida unha xustificación da efectividade do acto da votación, que para o efecto solicitará da súa mesa electoral.

Segundo. As persoas que deban exercer o dereito ao voto nunha mesa electoral situada no mesmo local ou edificio onde presten habitualmente os seus servizos ou estean destinadas poderán dispoñer dun permiso de dúas horas continuadas durante a xornada laboral para o acto da votación.

Terceiro. As persoas que deban exercer o dereito ao voto nunha mesa electoral situada na mesma localidade, pero distinto local ou edificio, onde presten habitualmente os seus servizos ou estean destinadas poderán dispoñer dun permiso de tres horas continuadas durante a xornada laboral para o acto da votación.

Cuarto. As persoas que deban exercer o dereito ao voto nunha mesa electoral situada en localidade distinta da que presten habitualmente os seus servizos ou estean destinadas poderán dispoñer dun permiso de catro horas continuadas durante a xornada laboral para o acto da votación, ou do tempo maior indispensable naqueles casos en que as circunstancias así o impoñan.

Quinto. As persoas integrantes das mesas e os/as interventores/as e apoderados/as das candidaturas gozarán dun permiso retribuído de xornada completa no día da votación e dunha redución de cinco horas na xornada de traballo do día inmediatamente posterior.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230607/AnuncioV0654-300523-0006_gl.html

COMPARTIR