EGAP: Programa de autoformación

  • Formación
  • Otra formación
  • Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
  • Funcionario
  • Interino

27 de septiembre de 2022

No DOG de hoxe publicouse a Resolución do 19 de setembro de 2022 pola que se convoca, con carácter extraordinario, o programa de autoformación para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 14 de outubro de 2022.

As solicitudes de participación nas probas de avaliación só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Achegamos a Resolución para máis información.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR