EGAP: Formación práctica sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia

  • Formación
  • Otra formación
  • Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
  • Funcionario
  • Interino

23 de septiembre de 2022

Publicada no DOG a Resolución do 14 de setembro de 2022 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia.

A xornada de formación práctica dixital (E-martes) que se desenvolverá o día 11 de outubro de 2022 abordará o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia cunha dobre perspectiva:

• Uso interno nas administracións públicas: certificados de empregado público, certificados de selo electrónico para actuacións administrativas automatizadas e portasinaturas corporativo.

• Cidadanía: sede electrónica da Xunta de Galicia. Proxecto Chave 365. Sala electrónica de sinaturas.

As persoas destinatarias desta actividade son:

• O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.

• A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.  Desenvolvemento Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela. Data: o martes 11 de outubro de 2022. Horario: de mañá e tarde. Duración: 7 horas lectivas.

A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR