Comisións de servizo: Nova convocatoria 18 maio 2022
- Concursos y movilidad
- Comisiones de servicios
- Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
- Funcionario
18 de mayo de 2022
Publicouse a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 18 de maio de 2022 pola que se convoca a provisión, en comisión de servizos, de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.

Achegamos a Resolución coas prazas.
Hai que lembrar que o prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación.
Todas as persoas solicitantes deberán completar a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virutal do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX) no sitio web: http://opax.xunta.es.
Para acceder ás solicitudes, as persoas solicitantes deberán identificarse, para o cal hai habilitadas dúas formas:
-Mediante a utilización dun certificado dixital recoñecido (DNI electrónico, tarxeta de identificación do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia ou outro que a Comunidade Autónoma de Galicia considere válido).
-De non dispoñer de certificado dixital recoñecido, as persoas solicitantes accederán á OPAX mediante usuario e contrasinal.