Convocatoria de comisións de servizo en órganos de nova creación
Publicouse a Resolución do 19 de xaneiro de 2022 da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo nos órganos de nova creación entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.
19 de Enero de 2022

-Poderán solicitar as comisións de servizos, con exención de función nos seus postos actuais, o persoal funcionario de carreira dos corpos ao servizo da Administración de xustiza que se atope en situación de servicio activo no mesmo corpo dos postos que se convocan e que no prazo de presentación de solicitudes leve prestando como mínimo seis meses de servizos no posto desde o que participa, xa sexa provisional ou definitivo.

-Solicitudes: Haberá que cumprimentar a instancia axustada ao modelo que se achega como Anexo II na propia Resolución, aportando o informe ao que se refire o artigo 73 do Real Decreto 1451/2005, de 7 de decembro polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios dos corpos ao servizo da Administración de xustiza.

-Prazo: Do 20/01/2022 ao 26/01/2022.

-Os postos son:

Xestión Procesual e Administrativa: Xdo. Mercantil número 3 A Coruña: 2 prazas.

Tramitación Procesual e Administrativa: Xdo. Mercantil número 3 A Coruña: 3 prazas

Auxilio Xudicial: Xdo. Mercantil número 3 A Coruña: 1 praza