Bolsa de interinos de Galicia: Aberto o prazo para a selección dunha única bolsa

  • Empleo
  • Ofertas y bolsas de trabajo
  • Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
  • Interino

29 de agosto de 2022

O prazo para elixir bolsa abrangue dende hoxe, 29 de agosto ata o 9 de setembro.

As persoas aspirantes que estean incluídas en bolsas de distintos corpos ou no mesmo corpo pero en distintas provincias, deberán seleccionar aquela na que desexen permanecer segundo prevé o artigo 12 da Orde do 4 de outubro de 2018. Se non o fan, entendese que desisten de todas as solicitudes.

Aínda que a norma só fai referencia á elección de bolsa por parte dos integrantes das bolsas de traballo e de reserva, a Dirección Xeral de Xustiza considera que tamén deben optar por unha única bolsa as persoas admitidas e baremadas.

As persoas que só solicitaron formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia non terán que efectuar a elección.

A elección deberase realizar telemáticamente no prazo antes indicado e a través do formulario dispoñible na aplicación informática. Unha vez cumprimentado, deberase presentar de xeito electrónico a través da OPAX.

 

Acceso a toda la información

COMPARTIR