Concurso de traslados: Instrución sobre cesamentos e tomas de posesión en Galicia así como documentación e trámites necesarios
- Concursos y movilidad
- Traslados
- Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
- Cuerpos Generales de Justicia
- Funcionario
9 de marzo de 2022

O vindeiro 14/03/2022 está previsto que se publique no BOE e mais no DOG a Resolución do 2 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso de traslados entre o persoal funcionario dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado mediante a Resolución do 30 de setembro de 2021 da Dirección Xeral de Xustiza.
Así, por parte da Dirección Xeral de Xustiza publicouse a Instrución sobre os cesamentos e tomas de posesión, que achegamos para a súa consulta.
-Documentación e trámites necesarios:
1) Persoal procedente de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia
- Fotocopia do DNI
- Cesamento
- Certificado ou copia dos trienios recoñecidos
- Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios).
- Fotocopia da tarxeta sanitaria onde conste o núm. de afiliación da Seguridade Social (unicamente para ingresos posteriores ao 01/01/2011) e fotocopia da tarxeta da Mutualidade Xeral Xudicial (MUXEXU)
- Certificación das vacacións e días de asuntos particulares gozados na Administración da que procedan. A certificación deberá indicar os días de vacacións e asuntos particulares correspondentes a 2020 que, de ser o caso, estean pendentes de desfrutar por razóns xustificadas
- Modelo 145 (IRPF).
2) Persoal con destino na Comunidade Autónoma de Galicia
- Fotocopia do DNI
- Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios).
3) Persoal que obtén destino fóra da Comunidade Autónoma de Galicia
O persoal que obteña un novo destino fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, no momento de formalización do cesamento deberá facer entrega da tarxeta de identificación persoal e control horario.
Tamén deberá facer entrega desta no caso de non ter que formalizar cesamento ningún por reingresar fóra da comunidade autónoma nun corpo distinto do que estaba a prestar servizos.
Así mesmo, no caso de contar coa tarxeta de identificación especial por razón do destino que viña desempeñando, deberá devolvela ao servizo de persoal correspondente.