Bolsa de Interinos de Galicia: lista provisional de admitidos
- Empleo
- Oposiciones
- Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
- Cuerpos Generales de Justicia
28 de xullo de 2026
CSIF informa Bolsa de Interinos de Galicia
Corpos xerais da Administración de Xustiza
28/7/2026
Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas das bolsas de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza convocadas pola Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 13 de abril de 2026.
As listaxes poderán consultarse tamén a través da OPAX https://opax.xunta.es, seguindo a ruta "Bolsa de interinos > Listaxes".
O prazo para presentar alegacións comprende do día 29.07.2026 ao 11.08.2026. As alegacións deberán presentarse de xeito electrónico a través do formulario dispoñible na aplicación informática https://opax.xunta.es
A ausencia do pago total do importe da taxa dentro do prazo de presentación de solicitudes non é subsanable. Aquelas persoas solicitantes que non aboaron o importe completo sí que poderán subsanalo aboando o importe restante a través da Atriga – Pago de taxas e prezos (Non se pode pagar a través de OPAX).
Dentro do prazo de alegacións debe achegarse a documentación acreditativa de ter realizado o pago en prazo ou das causas da exención total ou parcial, no seu caso.