Nota Informativa da Comisión de Persoal do día 17 de xullo de 2025
- Otros artículos
22 de xullo de 2025

Información relativa a procesos selectivos para persoal da Consellería do Mar e da Consellería de Medio Rural. Comisión de Persoal do día 17 de xullo de 2025.
O pasado día 17 tivo lugar a Comisión Ordinaria de Persoal na que se votaron tres propostas de Resolución de procesos selectivos da Administración Especial relacionadas coas Ciencias do Mar , Institutos Marítimo Pesqueiros para Profesores Numerarios e Mestres de Taller.
- Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pala quenda de acceso libre e promoción interna, no carpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de ciencias do mar.
- Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pala quenda de acceso libre e promoción interna, no carpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidades de pesca marítima, bioloxía pesqueira, navegación marítima, máquinas e instalacións mariñas, inglés marítimo, formación e orientación laboral e procesos sanitarios. aberta de intervencións.
- Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pala quenda de acceso libre, no carpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo pesqueiros, especialidade de máquinas e produción.
Pese as melloras introducidas nos textos, relacionadas coa introdución da promoción horizontal que non estaba nos borradores iniciais, CSIF votou en contra por entender que o sistema selectivo debería ser concurso-oposición e non oposición libre, e que a porcentaxe asignada ás prazas de promoción interna debería acadar o 50% e non o 25%
As outras dúas votacións centráronse nos proceso selectivos de Bombeiro Forestal Xefe de Brigada(grupo III) e de Bombeiro/a Forestal e Bombeiro/a Forestal Condutor/a (Grupo V).
- Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e promoción interna, mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 100 do grupo III do persoal laboral da Xunta de Galicia, Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada.
- Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e promoción interna, mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas categorías 14 (Bombeiro/a forestal) e 14A (Bombeiro/a forestal condutor/a) do grupo V do persoal laboral da Xunta de Galicia.
Dende CSIF defendemos, para ambos procesos, que estas prazas debían estar nos procesos da Lei 20/2021 e que foi un erro non incluílas. Valoramos positivamente o cambio de 80-20 a 60-40 e o incremento do valor dos servizos prestados (aínda que poida que non sexa suficiente). Consideramos que a proba física non debe puntuar por tempos debendo ser apto/non apto.
Así mesmo, reclamamos tribunais expertos e redución do número de aspirantes por proba.
Por outra banda solicitamos aclaracións sobre a causa de que non se computen os períodos de inactividade do persoal fixo descontinuo que nesta convocatoria non computan, pero si na da Lei 20/2021. Preguntamos tamén por que non se computan os servizos prestados en SEAGA, cando si se fixo na Lei 20/2021 para o persoal de incendios.
Expuxemos a situación na que se atopa o persoal funcionario (antigos bombeiros forestais) que non poden acceder por promoción interna e non se lles computa a experiencia en acceso libre, pechándolles tódalas portas.
Por ultimo expresamos o desacordo co cambio de titulación para o acceso a determinadas prazas que mudaron de técnico superior a técnico medio, así como o tempo para a realización dos exercicios, que considerado demasiado curto. Por todo elo CSIF votou en contra das dúas propostas.