Novas de Emprego Público

  • Otros artículos

22 de xullo de 2025

Novas de Emprego Público relativas ao 0’5%, carreira profesional, condicións de traballo de ensino e medio ambiente, persoal do Consorcio, problemas co Fides, concursos e próximas publicacións no DOG.

Na Comisión de Persoal do pasado día 17 de xullo, a Directora de Emprego Público informou dos seguintes temas dando resposta ás cuestións formuladas por CSIF.

  • Carreira profesional extraordinaria: CSIF, ao igual que o resto dos sindicatos presentes, posicionouse en contra da decisión da Administración de atrasar a negociación da Carreira Extraordinaria para os Graos I, II e III cando estaba case pechada. Entendemos que esta decisión de atrasala ata setembro non beneficia aos empregados públicos.

A Administración respostou que vincula a negociación do Decreto coa Carreira Extraordinaria porque esta última establecerá disposicións transitorias para enlazar coas convocatorias ordinarias e dinos que se cambian de criterio, nolo comunicaran. Confírmanse os efectos económicos do 1 de xaneiro de 2025.

As negociacións quedaron aprazadas ata o vindeiro 17 de setembro, data na que se volverá a reunir a Mesa de Negociación.

  • Acordo regulador para persoal de educación e medio ambiente: Dende CSIF solicitamos o comezo das negociación dun acordo regulador para o persoal de Educación e tamén de Medio Ambiente, que tamén ten unha prestación singular. Recordámoslle á Administración que había un compromiso de Función Pública de negociar o acordo de educación despois do de medio rural, e que estes acordos deberían terse negociado antes da funcionarización. Non compartimos a proposta de que se agarde a que rematen os procesos de estabilización para comezar coa negociación.
  • Concurso de traslados de enxeñarías: Solicitamos unha previsión de datas para as eleccións de destino tras a publicación do concurso.
  • Abono do incremento do 0,5%: Preguntouse pola publicación no DOG da Orde de confección de nóminas complementaria que recolla a suba do 0,5%.  Non informan sobre a data de publicación, ni tan sequera se haberá tal publicación.A directora confirmou que o procedemento que seguirán para facer efectivo o incremento do 0’5% pendente, con efectos económicos dende o 01 de xaneiro de 2024 será o seguinte:
    • Na nómina de xullo se percibirá la nómina ordinaria co incremento do 0’5% incorporado, e se pagarán os atrasos correspondentes ao ano 2025 (dende xaneiro a xullo)
    • Na nómina de agosto, xa consolidado o 0’5%, aboaranse os atrasos correspondentes ao ano 2024.
  • Problemas cos datos no FIDES: Queixas de que cursos recoñecidos en FIDES desapareceron, afectando procesos. Aconsellaba aos traballadores facer unha captura de pantalla do Portax e pregunta se os problemas persisten.

Respostan que necesitan mais información sobre os cursos que desapareceron e fan fincapé en que os cursos da AGAP pasaron directamente a FIDES. Dinos que agora só están a validan expedientes que afecten a concursos ou procesos selectivos.

  • Xestión de persoal no Consorcio: Denunciamos problemas na cobertura de postos por substitución, especialmente no verán, que levan á redución de horarios en escolas infantís e afectan a calidade do servizo público. Da mesma maneira apreciáronse incumprimentos da RPT, contratando xornadas parciais para postos de xornada completa. E problemas cos permisos de conciliación que non son respondidos a tempo. Dinnos que Analizarán os problemas de cobertura de postos

Emprego Público dinos que está pendente a publicación de baremos provisionais, sen data. Infórmanos tamén que non recibiron medidas cautelares por extensión de efectos (só por postos específicos que xa foron retirados) e que o Concurso xa está adxudicado. Insisten en que están a traballar para sacar as eleccións de destino este mesmo mes.

Próximas publicacións no DOG:

    • Convocatoria do concurso de Escalas de Persoal Facultativo (F0525): 22 de xullo.
    • Listas provisionais de admitidos/excluídos do Concurso de Arqueoloxía: 23 de xullo.
    • Listas de funcionarización (Decreto 37/26 por unificación de grupos 2, 3 e 4): 23 de xullo.

COMPARTIR