Recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres
- Empleo
- Carrera profesional
29 de maio de 2026
O luns 1 de xuño ábrese o prazo para solicitar o recoñecemento de novas especialidades do corpo de mestres, a través do procedemento ED020A da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Quen pode solicitalo?
Poderá solicitar o recoñecemento de novas especialidades o persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que cumpra os requisitos de titulación establecidos na normativa aplicable.
Prazo de presentación
- Inicio: 1 de xuño de 2026 ás 00:00 h.
- Fin: 30 de xuño de 2026 ás 23:59 h.
Presentación da solicitude
A solicitude deberá presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos, empregando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Para a presentación poderá empregarse certificado electrónico, Autofirma ou o sistema Chave365.
Documentación
As persoas interesadas deberán achegar, de ser o caso, a documentación acreditativa da titulación, mención, certificación académica ou requisito que permita o recoñecemento da especialidade solicitada.
Non será necesario achegar documentación que xa conste previamente na base de datos do profesorado.