Convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2025/26

  • Convocatorias

9 de novembro de 2025

Convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias 2025/26

A Consellería de Educación vén de publicar a convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2025/26, dirixido a centros públicos non universitarios. Inclúe as modalidades de voluntariado na biblioteca escolar en Educación Primaria, Secundaria e outras ensinanzas. Pódense consultar as bases, guía de solicitude e aplicación na que presentar as solicitudes nas ligazóns seguintes.

Páxina oficial da convocatoria Resolución (PDF) Guía de solicitude (PDF) Aplicación ProgramasBibliotecas
Prazos

Presentación de solicitudes: 15 días naturais contados dende o día seguinte á publicación no portal educativo.
Publicado o 07/11/2025 → prazo: do 08/11/2025 ao 22/11/2025 (ambos incluídos).

Obxecto
Selección de centros públicos non universitarios da Consellería para participar no programa Bibliotecas Escolares Solidarias no curso 2025/26 e fomentar o voluntariado cultural arredor da biblioteca e a lectura.
Destinatarios
Centros públicos que impartan Educación Primaria, ESO, Bacharelato ou Formación Profesional, así como ensinanzas de idiomas, artísticas ou deportivas dependentes da Consellería de Educación.
Modalidades
  • Voluntariado na biblioteca escolar (Primaria): alumnado de 5º e 6º de EP, con accións como “Ler con… D” (no centro) e “Ler con… F” (fóra do centro).
  • Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria e outras ensinanzas): alumnado de ESO, Bacharelato, FP, ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas.
Solicitudes e presentación

A solicitude debe tramitarse a través da aplicación ProgramasBibliotecas, dispoñible na web institucional. A dirección do centro será a responsable de formalizar a solicitude.

Cada centro poderá presentar unha solicitude por modalidade segundo os niveis educativos que imparta.

Documentación

Deberán incluírse as certificacións da dirección e a integración das actividades na programación anual da biblioteca escolar.

Ligazóns útiles
Información elaborada por CSIF Ensino Galicia a partir da resolución oficial publicada no Portal Educativo o 07/11/2025. Recoméndase comprobar sempre a última versión dos documentos oficiais antes de presentar a solicitude.

COMPARTIR