Resolución provisional Proxectos de Inclusión Educativa 2025/26 (PIE)
- Convocatorias
31 de outubro de 2025
 
				A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a resolución provisional de centros seleccionados e excluídos no Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) para o curso 2025/26.
Esta resolución fai pública a relación de centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que foron seleccionados ou excluídos conforme ao disposto na Resolución do 9 de setembro de 2025, pola que se establecen as bases da convocatoria do programa PIE.
O obxectivo do programa é impulsar proxectos educativos innovadores que favorezan a inclusión e a igualdade de oportunidades no ámbito educativo, recoñecendo o esforzo dos centros que destacan polo seu compromiso coa atención á diversidade.
As listaxes provisionais de centros admitidos e excluídos poden consultarse no seguinte enlace:
📅 Información importante
- Prazo de reclamacións: 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación da resolución.
- As reclamacións deberán presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Unha vez resoltas, publicarase a resolución definitiva de centros seleccionados.
Podes consultar tamén a Resolución do 9 de setembro de 2025 coa convocatoria e bases reguladoras do programa.
Fonte: Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia