Resolución PLEA
- Convocatorias
27 de outubro de 2025
Instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan de Lectura, Escritura e Acceso á Información (PLEA)
A Consellería publica a Resolución do 16 de outubro de 2025 coa que establece instrucións para deseñar, elaborar e implementar o Plan de Lectura, Escritura e Acceso á información (PLEA) nos centros sostidos con fondos públicos. Prevese a elaboración durante o curso 2025/26, a implementación efectiva en 2026/27 e unha vixencia de catro cursos, con tempo diario de lectura e obxectivos para mellorar a competencia lectora, a escrita e as alfabetizacións múltiples do alumnado.
Resolución 16 de outubro de 2025