CSIF solicita cursos de formación para o persoal de corpos xerais que ostenta xefaturas obtidas por concurso específico.
- CSIF Informa
20 de marzo de 2026
Este sindicato tivo coñecemento de que como consecuencia da Conferencia Sectorial de Xustiza entre as CCAA e o Ministerio de Xustiza do día 6 de marzo, a Directora Xeral da Comunidade de Madrid comunicou que, no ámbito da súa Comunidade vaise levar a cabo a formación, a través dun curso, das persoas que obtiveron un posto de xefatura mediante concurso específico nos corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial.
Polo tanto, dende CSIF remitimos escrito á DXX para que se proceda a realizar este curso aquí en Galicia, tendo en conta que estes postos ata hai ben pouco non existían, en aras a determinar e delimitar as funcións a realizar, así como a forma de levalas a cabo.
Igualmente, instamos á DXX a que remita comunicación aos letrados/as coordinadores para que as persoas que desempeñan postos de xefatura teñan reunións periódicas entre eles e cos encargados de área, así como cos letrados/as Directores dos Servizos Comúns para unificar criterios.