CONVOCATORIA ACTIVIDADES FORMATIVAS EGAP

16 de marzo de 2026

Hoxe, publícase no DOGA, a RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2026 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

Poderá participar nas actividades formativas convocadas mediante esta resolución o persoal empregado público e as persoas integrantes das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes principiará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de marzo de 2026

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260316/AnuncioO150-060326-0002_gl.html

COMPARTIR