EGAP: Webinario dereitos dixitais.

  • Formación

4 de novembro de 2025

No DOG publícase a Resolución do 27 de outubro de 2025 pola que se convoca o webinario Dereitos dixitais. Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia, así como a xuristas, profesionais, alumnado universitario e persoas interesadas en xeral.

Data: mércores 12 de novembro de 2025.

Modo de impartición: telepresenza.

Horario: das 17.00 ás 19.00 horas.

Duración: 2 horas lectivas.

As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251104/AnuncioO150-281025-0001_gl.html

COMPARTIR