Resumo mesa sectorial 26/06/2025.
- CSIF Informa
26 de xuño de 2025

A Dirección Xeral comezou dicindo que en setembro volveremos a reunirnos para ver como vai a fase I e se hai que facer algún cambio ó respecto. O director xeral fará unha xira polas 7 cidades galegas para falar da implantación dos tribunais de instancia.
En Vigo, A Coruña, Santiago e Ourense créanse 1 nova praza de tramitación con código VSM mais unha praza detraída do SCT, pensando na carga actual mais o aumento da comarcalización de Santiago e Ourense, mais o 7% de aumento pola nova competencia de todas as agresións sexuais: Santiago 148 asuntos por funcionario; Vigo 150 asuntos por funcionario; Coruña 222 asuntos por funcionario; Ourense 144 asuntos por funcionario.
Mantéñense as 11 prazas de LD, a pesar do rexeitamento de todas as OO.SS.
Equiparan o complemento das xefaturas de equipo ás da fiscalía (nivel 2) e as xefaturas de área equipáranse ao nivel 1. Pasaránnos as cantidades exactas.
As novas prazas de fiscais de Ourense e Santiago levarán aparelladas a creación de dúas prazas de tramitación novas (unha en cada fiscalía) a partir de xaneiro.
Dende CSIF:
- Agradecemos o aumento do persoal VSM pero parécenos totalmente insuficiente, insistindo en que, sobre todo, en Santiago e Ourense, deben crearse máis prazas VSM. En canto a Lugo, insistimos na insuficiencia de persoal VSM, ao que a DXX contesta que o revisarán.
- Indicamos que seguen a faltar os protocolos da fase III.
- Incidimos en que según a normativa se poden crear equipos e seguimos solicitando a creación dos mesmos.
- Respecto do complemento de servizo de apoio , CSIF foi o único sindicato que pediu que non se detraa, xa que é un complemento fixo e non hai posibilidade de seguir prestando este servizo porque desaparece como tal. A DXX así o recoñeceu.
- Respecto ás Audiencias Provinciais, indicamos a necesidade de separar a este persoal do resto de SCT.
- Propoñemos respecto aos RC de Lugo e Ourense, que se cree un código RC para facer as quendas e mais cubrir as vacacións. A DXX insiste en que non é posible facelo a través de código pero que se nomeará a alguén, pero que terán que revisalo para ver como se pode solucionar.
En canto á REORGANIZACIÓN:
Para a antigüidade, terase en conta dende o nomeamento e non desde a toma de posesión.
En canto ao cobro de gardas de VIOXEN nos xulgados que pasan a ser exclusivos en Santiago e Ourense indica a DXX: se a administración non me pode dar a opción de confirmarme en código GA ou VSM, tenmo que garantir, co cal levaría a miña mochila retributiva. Pero se a administración me da a opción e eu non a collo, perdo o dereito, porque voluntariamente non me confirmo, co cal é voluntario perder ese código. Co cal, o funcionariado que actualmente está agora en VIOXEN poderán confirmarse en GA ou en VSM, e cobrarán o complemento co que se confirmen, dando opción aos de VSM que realicen gardas, a cobralas. De todos os xeitos, a DXX di que o consultarán xuridicamente.
En canto ás bases do proceso de concurso específico: en CSIF seguimos opoñéndonos aos postos singularizados, co cal non entramos a valoralas.
En rogos e preguntas:
- Volven trasladar o decreto do IMELGA polo que faremos novas alegacións.
- Estanse ofertando prazas vacantes directamente a interinos, sen pasar por comisións de servizo e/ou substitucións: a DXX basease na urxencia dos servizos para ofertalas directamente a interinos.
- En canto á implantación telemática da fase I, so quedan 4 xulgados únicos por tela rematada, e todos a terán a día 1 de xullo.
- En canto ao concurso dos pobos aínda non poden dicir datas, indicando que Ministerio non lles preguntou as prazas desertas a ofertar dende Galicia.
- En canto aos manuais de postos, a DXX di que se lle consultou a Ministerio e que lles dixeron que non os ían a facer.
- Ante a pregunta de se na próxima OEP se van a ofertar prazas por Galicia, indica a DXX que hai prazas de auxilio, e que dende Ministerio lles pediron datos de taxa de reposición. Comprométense a ofertar as prazas que haxa, aínda que sexa 1 soa. Tamén informan que neste concurso de traslados quedaron prazas sen cubrir, algo que era impensable.
- CSIF solicita:
- que se nos traslade para alegacións o texto do RD do Imelga.
- que se comece co regulamento do teletraballo en setembro.
- ante a pregunta de cómo está o estado das obras na cuberta de Lugo: non nos poden dar máis información, saben que están con elas.
- respecto das vacantes, pedimos que se dea preferencia ás comisións/substitucións e se eviten na medida do posible os nomeamentos de interinos ata ter a nova regulación.
A DXX remata a mesa dicindo que da de prazo ata luns ás OO.SS. para as últimas alegacións da fase III e que posteriormente nos fará chegar toda a documentación definitiva.