CONVOCATORIA MESA SECTORIAL XUSTIZA PARA O DÍA 17 DE XUÑO

  • Negociaciones y acuerdos
  • Últimas noticias
  • CSIF Informa

12 de xuño de 2025

A Dxx convócanos a unha reunión da Mesa sectorial de xustiza, o próximo martes 17 de xuño, ás 10:00 h na Sala Colmeiro da EGAP, coa seguinte: 

ORDE DO DÍA:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Propostas de RPT da Fase III.
  3. Proposta do proceso de REORGANIZACIÓN DE EFECTIVOS.
  4. Proposta de bases do proceso de concurso específico.
  5. Rogos e preguntas.

 Como documentación a valorar na Mesa xúntase a seguinte documentación.

  • Borrador da acta da Mesa sectorial do 10 de xuño.
  • Folla de cálculo coa proposta de RPT das oficinas xudiciais da Fase III.  En síntese, respecto da versión avaliada na mesa do 10 de xuño, créanse EQUIPOS ESTRUTURAIS en Ferrol, A Coruña e Vigo. Engádese unha praza de tramitación a maiores para levar VSM na Coruña, en Santiago, en Ourense e en Vigo.
  • Datos relativos á execución que serviron de base para a dotación dos SC de EXECUCIÓN.
  • Borrador de resolución coa RPT das oficinas xerais do Rexistro civil da Fase III.

 Engádese un posto de tramitación nas oficinas xerais do RC de Ferrol e de Lugo.

  • Borrador da proposta do proceso de reorganización da Fase III.

 Os cambios identificados en vermello. Engádense puntualizacións solicitadas na mesa e alegadas polas organizacións sindicais. 

  • Proposta de implantación do novo modelo organizativo determinado pola Lei 1/2025 nos partidos xudiciais da Fase I na Administración de xustiza en Galicia.

Ficheiros adxuntos

COMPARTIR