DOG e BOE: Convocatoria concurso específico na Fiscalía da Coruña.

  • Concursos y movilidad
  • Otros Concursos y Movilidad
  • Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
  • Cuerpos Generales de Justicia

29 de maio de 2026

Publicada no DOG e no BOE a RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo vacante na Fiscalía Provincial da Coruña.

Poderá participar o persoal funcionario de carreira pertencente ao corpo ou corpos de adscrición do posto solicitado, calquera que sexa o ámbito territorial en que estea destinado, que reúna as condicións xerais exixidas e os requisitos determinados nesta convocatoria na data en que remate o prazo de presentación das solicitudes de participación e que os manteñan ata a resolución definitiva do concurso.

As persoas que concursen deberán presentar a súa solicitude utilizando obrigatoriamente o modelo que figura no anexo IV desta resolución.

O prazo de presentación será de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza e deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A.

Xunto coa solicitude deberá achegarse a documentación que acredite os requisitos exixidos e os méritos alegados, que se deberán relacionar no modelo de solicitude (anexo V) desta convocatoria.

Os méritos específicos, correspondentes á segunda fase do concurso, deberán ser xustificados documentalmente mediante os pertinentes títulos académicos ou diplomas, así como mediante certificados ou calquera outro medio de proba admisible en dereito.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260529/AnuncioG0759-210526-0001_gl.html

https://boe.es/boe/dias/2026/05/29/pdfs/BOE-A-2026-11604.pdf

 

COMPARTIR