Campaña de vixilancia da saúde 2026/2027 para persoal docente

  • Prevención de Riesgos Laborales

28 de September de 2026

 

Información destacada
A Consellería de Educación abre a campaña de vixilancia periódica da saúde para o curso 2026/2027, dirixida ao persoal docente e non docente en activo dos centros públicos de ensino non universitario.

A participación é voluntaria e require inscrición previa.

👥 A quen vai dirixida?

Pode participar o persoal docente e non docente, tanto funcionario como laboral, que se atope en activo e preste servizos en centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

📅 Prazos de inscrición

Persoal nomeado antes do 25 de setembro de 2026
🗓️ Do 25 de setembro ao 31 de outubro de 2026.

Persoal nomeado o 25 de setembro de 2026 ou con posterioridade
🗓️ Do día 1 ao 20 do mes seguinte á súa toma de posesión.

Persoal substituto
🗓️ Do día 1 ao 20 do mes seguinte a aquel no que se cumpran 65 días traballados de maneira ininterrompida, contados desde o 1 de setembro de 2026 ou desde o día seguinte ao nomeamento, se este fose posterior.

💻 Como se solicita?

A inscrición realízase telematicamente a través do formulario habilitado pola Consellería. Deben cubrirse todos os datos solicitados, xa que a falta dalgún deles impedirá tramitar a petición.

SOLICITAR RECOÑECEMENTO MÉDICO

⚠️ Importante: unha vez realizada a inscrición xerarase un xustificante de consentimento que deberá presentarse o día concertado para efectuar a vixilancia da saúde.
📄 Documentación e información oficial

Na publicación oficial da Consellería poden consultarse a resolución da campaña, o resumo dos prazos, as instrucións para realizar a solicitude e o documento de preguntas frecuentes.

➜ Consultar a información oficial da Consellería

CSIF Ensino Galicia
Informamos ao profesorado das novidades que afectan ás súas condicións laborais, á prevención de riscos e á saúde laboral.

COMPARTIR