Convocadas licenzas por formación non retribuídas para o curso académico 2026/27 destinadas ao funcionariado docente non universitario.
- Convocatorias
9 de July de 2026
Convocadas licenzas por formación non retribuídas para o curso académico 2026/27 destinadas ao funcionariado docente non universitario.
Información destacada
A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publicou a Resolución do 9 de xullo de 2026 pola que se convocan licenzas por formación non retribuídas para o curso académico 2026/27, destinadas ao funcionariado docente non universitario.
Estas licenzas permiten dedicar un período determinado a completar estudos de carácter académico ou desenvolver proxectos de investigación relacionados coa práctica docente e co sistema educativo galego.
Prazo de solicitude
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación da resolución no Portal Educativo e remata o 24 de xullo de 2026, incluído.
Modalidades e duración
As licenzas poderán concederse por períodos ininterrompidos de ata seis meses ou polo total do período previsto:
- Do 1 de setembro de 2026 ao 31 de xaneiro de 2027.
- Do 1 de xaneiro ao 30 de xuño de 2027.
- Do 1 de setembro de 2026 ao 30 de xuño de 2027.
A convocatoria contempla un total de 96 meses de licenzas non retribuídas:
- 80 meses para a submodalidade A.
- 16 meses para a submodalidade B.
Submodalidades
Submodalidade A: realización de estudos académicos conducentes á obtención de titulacións universitarias de grao ou equivalente, mestrado ou doutoramento universitario, relacionados con áreas, ciclos ou especialidades do sistema educativo galego.
Submodalidade B: realización de proxectos ou actividades orixinais e inéditas, de carácter individual, relacionadas co traballo docente ou de interese para o sistema educativo galego.
Solicitudes
As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude a través da aplicación Fprofe. A solicitude será única e só poderá presentarse para unha das submodalidades.
Unha vez finalizada a solicitude en Fprofe, a aplicación xerará o anexo correspondente, que deberá presentarse electronicamente a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia, mediante o procedemento PR004A, indicando no apartado “Asunto relacionado” a denominación Licenzas por formación.
Criterios de prelación
No caso de que as solicitudes superen os meses dispoñibles, a selección realizarase conforme á seguinte orde:
- Funcionariado docente de carreira que non tivese licenzas de calquera modalidade nos dous cursos anteriores.
- Funcionariado docente de carreira que tivese licenzas nos dous cursos anteriores.
- Funcionariado docente en prácticas.
- Funcionariado docente interino.
Documentación oficial
Publicación no Portal Educativo Resolución do 9 de xullo de 2026