Convocatoria dos Premios en Innovación Educativa "Innovagal" para o ano 2026
- Convocatorias
9 de July de 2026
Convocados os Premios en Innovación Educativa “Innovagal” para centros docentes públicos da comunidade autónoma de Galicia no ano 2026.
Información destacada
A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa publicou a Resolución do 7 de xullo de 2026 pola que se convocan os Premios educativos Innovagal 2026, destinados aos centros docentes públicos da comunidade autónoma de Galicia.
Estes premios teñen como finalidade recoñecer, premiar e apoiar as boas prácticas en materia de innovación educativa, impulsando metodoloxías activas, traballo en equipo, sustentabilidade, igualdade e experiencias educativas de calidade.
Centros participantes
Poderán participar centros docentes públicos que impartan proxectos vinculados ás seguintes ensinanzas:
- Educación Infantil.
- Educación Primaria.
- Educación Secundaria Obrigatoria.
- Bacharelato.
- Educación e Promoción de Persoas Adultas.
Categorías e dotación económica
A convocatoria conta cunha dotación total de 40.000 €, distribuída en dúas categorías:
| Categoría | Premio | Importe |
|---|---|---|
| Categoría A | 1º premio | 10.000 € |
| 2º premio | 6.000 € | |
| 3º premio | 3.000 € | |
| Mención de honra | 1.000 € | |
| Categoría B | 1º premio | 10.000 € |
| 2º premio | 6.000 € | |
| 3º premio | 3.000 € | |
| Mención de honra | 1.000 € |
Solicitudes e prazo
O proceso de solicitude realizarase unicamente a través da aplicación de Programas Educativos.
O prazo de presentación estará aberto desde o día seguinte ao da publicación no Portal Educativo ata o 15 de outubro de 2026.
As candidaturas deberán incluír a memoria descritiva, a documentación correspondente e un vídeo de presentación da candidatura cunha duración máxima de 3 minutos.